Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2022

Celebramos o 25 N- Derribando muros

Imagen
 A semana pasada celebramos na escola o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. No ciclo de Infantil partimos dun videoclip en linguaxe de signos da canción "Salir corriendo" de Amaral. Dialogamos sobre a letra da canción e tamén nos fixamos nos diferentes signos que utilizaban para detrminadas palabras. Ademáis, a profe Lu debuxou nun enorme mural un gran muro, o muro da violencia, que estaba derrubado e tras él se podían ver moitas cousas bonitas e belas, que son cousas que entre todos debuxamos. Entre todos e todas o pintaríamos e debuxaríamos todas aquelas cousas que queríamos que aparecesen tras o muro. Ademáis, deixamos estampada a pegada da nosa man en cor violeta nun grande mural no que o resto de compañeiros/as tamén deixaron a súa pegada, xunto a moitas palabras bonitas, que din como se deben sentir sempre as mulleres: libres, felices, seguras.

Experimentando coas follas

Imagen
 Esta semana levamos a cabo un pequeno "experimento" con follas de árbores. Clasificadas as follas por cores, por parellas cortamos pedaciños de cada cor, verde, marrón, vermella, laranxa e amarela e eses pedaciños os fomos metendo nun tarro de cristal. Despois a profe Ánxela botou en cada tarro alcohol e tivemos que remenxer cun pauciño e machucar un pouco as follas. Tapamos os tarros e quedaron un rato en repouso e ó vir do recreo, metimos en cada tarro varias cartolinas brancas. Falamos e pensamos sobre o que sucedería coas cartolinas e que nos atoparíamos ó día seguinte ó volver á escola. -Un compañeiro dixo que sairía o arco da vella nas cartolinas. A razón, porque era unha boa teoría e a el lle gustaría que sucedese. -Outro compañeiro dixo que igual se transformaban en boliñas todas as cartolinas. -Outra compañeira dixo que seguro que o arco da vella estaría tanto nas cartolinas como nas follas do tarro. O caso é que ao resto de compañeiros lles encantou a teoría do arc

Máis propostas de outono

Imagen
  Como estes días seguimos a falar da choiva, fixemos unha sinxela manualidade para representala. Primeiro picamos en cartolina unha nube, á que logo cada quen lle deu vida debuxándolle ollos, nariz, boca... Despois pintamos un rolo de papel hixiénico con témpera e pincel. E por último pegamos cintas de papel de seda e celofán de diferentes tonos que recordasen á chuvia. E así de contentos marchamos para casa coa chuvia!! E seguimos con creacións plásticas! Esta semana tamén fixemos a cestiña para as castañas. Usamos botes de leite baleiros. Pegamos neles papel de xornal para despois pintar por riba cunha cor de témpera elixida por cada quen.  E logo pegamos as letras dos nosos nomes e eliximos algúns debuxos para colorear e pegar nela: cabazas, uvas, castañas, pantasmas, bruxas... Olvidámonos de sacar fotos ás cestiñas pero quedaron moi chuliñas e moito xogamos con elas na clase nos momentos de xogo simbólico...ademáis o día do magosto puidemos enchelas de riquísimas castañas asadas!!

Algúns momentos da xornada

Imagen
Queremos contarvos algunhas cousiñas. Esta semana comezamos co leite nas merendas. Cada nenos/a trouxo a súa taza e cun pouco de colacao o leite templado estaba riquísimo. Tamén dimos comezado a sesión semana de tablets. Estamos a traballar con xogos educativos nos que asociamos e relacinamos, observamos, discriminamos cores, formas, números....e precisamos da motricidade fina para levar a cabo algunhas actividades táctiles de arrastrar e encaixar. Tamén vos amosamos fotos algúns momentos da xornada de traballo individual, grupal, de xogo libre e por recantos... -Recortando palabras para asocialas logo e pegalas co debuxo correspondente. -Decorando follas de árbores con rotuladores e témpera sólida. -Clasificando as vogais en cinco grupos. -Creando libremente coas regletas. -Xogando no recanto da casiña. -Creando libremente co material de refugallo e as castañas.