Celebramos o 25 N- Derribando muros

 A semana pasada celebramos na escola o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

No ciclo de Infantil partimos dun videoclip en linguaxe de signos da canción "Salir corriendo" de Amaral.



Dialogamos sobre a letra da canción e tamén nos fixamos nos diferentes signos que utilizaban para detrminadas palabras.


Ademáis, a profe Lu debuxou nun enorme mural un gran muro, o muro da violencia, que estaba derrubado e tras él se podían ver moitas cousas bonitas e belas, que son cousas que entre todos debuxamos.


Entre todos e todas o pintaríamos e debuxaríamos todas aquelas cousas que queríamos que aparecesen tras o muro.







Ademáis, deixamos estampada a pegada da nosa man en cor violeta nun grande mural no que o resto de compañeiros/as tamén deixaron a súa pegada, xunto a moitas palabras bonitas, que din como se deben sentir sempre as mulleres: libres, felices, seguras.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Máis cousiñas do Samaín!

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín