Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2022

A festa do Samaín!

Imagen
  Nesta semana de Samaín tamén participamos noutras propostas. -CONTACONTOS NA BIBLIOTECA "CAMUÑAS" -PARTICIPAMOS NUN OBRADOIRO SOBRE MERENDAS SAÚDABLES -DEGUSTAMOS UNHAS RIQUÍSIMAS MERENDAS TERRORÍFICAS FEITAS POLOS COMPAÑEIROS DE PRIMARIA E OS MESTRES E BAILAMOS E O PASAMOS XENIAL NA FESTA. Tamén nos fixemos fotos todos xuntos e no fotomaton, como recordo do día.

O Samaín na nosa clase

Imagen
 Esta semana foi a festa de Samaín e algúns compañeiros e compañeiras trouxeron as súas cabazas decoradas. HUGO LEYRE XIÁN MARYAM ANAHI Ademáis decoramos unha cabaza na clase. Estes días tamén estivemos creando monstruos. Nunha sesión pintamos con globos e témpera nun papel, elixindo previamente 3 cores e misturándoos ó estampar co globo. E no fondo creado fixemos composicións con diferentes partes do corpo dun monstro. Noutra sesión, sopramos con palla e acuarela líquida sobre unha cartolina e creamos un cadro abstracto. E unha vez rematada a nosa obra, convertimos algunhas das "manchas" en monstros. Atopádelos?

Percorrido polo cole

Imagen
  Nas primeiras semanas de outubro fixemos un percorrido por algunhas aulas do colexio, como a biblioteca, a aula sensorial, a aula de psicomotricidade.. e tamén pola sala de mestres e o despacho da directora. Na biblioteca había unha caixa misteriosa que poñía "para os nenos e nenas de 3 e 4 anos". E dentro dela había moitas marionetas de dedos e outras máis grandes e unha carta da polbo Daría, dándonos a benvida. Ademáis na carta nos dicía que nos regalaba as marionetas para o noso recanto de biblioteca e que tiñamos que coidalas moito e tratalas moi ben, igual que facemos cos libros. Alí desfrutamos un ratiño dos libros e xa sabemos que todos os venres subiremos á biblioteca a ler contos e máis adiante tamén levaremos un libro para casa xa que xa temos o noso pasaporte lector.