Entradas

Mostrando entradas de enero, 2024

Jackson Pollock

Imagen
 Neste mes de xaneiro viaxamos a Estados Unidos, a través da historia de "Wonder, todos somos únicos". Coñecimos a un artista de Nova York, que se chamaba Jackson Pollock, e tiña un tipo de arte moi curioso, expresionismo abstracto. Nos seus cadros aparecen liñas e manchas de moitas cores e tamaños que non representan nada en concreto sinon o que nós imaxinemos e que a través delas podemos intuir o estado de ánimo do autor. Despois de ver un par de videos contándonos a súa biografía e explicándonos a súa técnica máis característica, o "dripping" ou goteo da pintura, tanto dos pinceis como de lá e cordeis, nós probamos tamén a crear os nosos cadros deste xeito. Foi moi divertido.  E así quedaron as nosas obras. Preme na imaxe para velas. E así quedaron as nosas oeEbras.

Obradoiro de Naturgy

Imagen
  O venres 12 participamos na escola nun obradoiro impartido por un membro de Naturgy, que trataba sobre as enerxías renovables e a contaminación.  O encargado de imapartilo, Manuel, falounos dos distintos tipos de enerxía, acompañando as súas explicacións de distintos obxectos e nos contou unha breve historia sobre a contaminación na cidade, utilizando unhas camisetas nas que estaba debuxada cada escena.  Resultou unha charla amena e didáctica!

Equipos cooperativos

Imagen
  Neste primeiro trimestre formamos os equipos cooperativos para levar a cabo en determinadas sesións algunhas propostas cooperativas: aquelas nas que todos e todas, a través de diferentes técnicas sinxelas, colaboramos para realizar unha actividade en común. nas primeiras sesións nos xuntamos os membros de cada equipo para decidir cómo nos gustaría chamarnos. Unha vez consensuado o nome de equipo, facíamos entre os tres un debuxo, escribíamos libremente o nome elixido, e tamén escollíamos unha foto en internet que nos gustase para representar o nome escollido.  EQUIPO UNICORNIOS   EQUIPO PRÍNCIPES E PRINCESAS   EQUIPO ELEFANTES ESTOS SON OS NOSOS CARTEIS DE EQUIPO.