Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2023

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín

Imagen
 Este venres comezamos a festexar o noso Samaín, fixemos uns colgantes terroríficos!!!                                                                   E unhas pócemas deliciosas. En Infantil 1, chea de gusanos, ollos, arañas 🕷, dedos e unha serpe enorme.                                       E en Infantil 2 chea de dentes de vampiro, arañas, cabazas, mandarina e zume de mazá. Unha vez estiveron todos os ingredientes na pota, recitamos entre todos un pequeno conxuro, para obter forza e felicidade!! Seguiremos desfrutando uns días máis.  

Infantil Xuntos - Expoñemos os nosos descubrimentos sobre Francia aos compañeiros

Imagen
 Estas últimas semanas andivemos a investigar nas dúas aulasde infantil sobre o primeiro país do proxecto de centro: FRANCIA.  Descubrimos un montón de cousas, e como entre todas as aulas do colexio repartimos a tarefa de expoñer diferentes aspectos, en Infantil 1 nos encargamos  de plasmar nun mural todo o relativo aos animais, prantas e clima e en Infantil 2 o relativo a monumentos. Os compañeiros de 3 e 4 anos da aula de Infantil 1 nos contaron algunhas cousiñas moi interesantes sobre as ORQUÍDEAS, pranta característica deste lugar,  así como dalgúns animais típicos e moi descoñecidos para nós, como a dúcula azul, o turón e o sapo verde.  Tamén nos contaron que hoxe en Francia tamén chovía, o igual que en Pontevedra. O grupo de Infantil 2 falou aos compañeiros dalgúns dos monumentos e edificios maís coñecidos e visitados de Francia.

Infantil 2- Algúns momentos da xornada

Imagen
  Aquí estamos todos, na nosa foto de grupo, que temos exposta na porta da aula. En  todo este tempo que levamos de clase xa estivemos inmersos nun montón de propostas. Aquí vos deixamos unhas fotiñas dalgúns momentos da xornada do máis variadas.  Na biblioteca do cole, que, polas obras, está no corredoiro da pranta sueperior.  Xogo do bingo, estando moi atentos para compretar o cartón. Creando  Xogando e aprendendo con aplicacións da tablet.

INFANTIL 2- O Monstro de cores

Imagen
  Este comezo de curso participamos nunha proposta que partía do conto "O monstro de cores". Como contamos nunha entrada anterior, apareceu na clase o peluche do monstro coa cor verde, da calma e tamén o conto. A partir de ahí, foron xurdindo algunhas propostas como as seguintes:  -Establecimos diálogos en torno ás emocións do conto- alegría, tristeza, enfado, medo, calma e amor. Cada quen contou en que situacións se sente así.  -Creamos o noso mural do mosntro de cores, pintándoo con témpera de cores e acompañamos o mural cunha foto de cada un e o seu corpo debuxado. -Vimos imaxes na pizarra de persoas expresando ditas emocións, expresamos coa cara e co corpo cada unha delas, nos fotografiamos deste xeito para facer un cartel onde pegamos cada fotografía representando unha emoción na cor correspondente.  -Confeccionamos a ruleta das emocións e cada mañá o encargado conta aos demais como se sente e coloca a súa foto na cor desa emoción.  -Creamos o noso monstro de cores coas