Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2023

Celebración do 25 N e Contacontos de Polo correo do vento

Imagen
  A semana pasada participamos xunto co resto do alumnado, na conmemoración do día Internacional da eliminación da Violencia contra as mulleres.  Nas aulas de infantil estivemos traballando cos contos "Arturo e Clementina" e "O chubasqueiro de Aurora".  Pensamos xuntos, dialogamos, debuxamos e deixamos expostos os nosos traballos nunha grande mural, que entre todos e todas fomos enchendo de bos desexos para un mundo mellor, libre de violencia.  Días antes desta data tamén poidemos desfrutar dun contacontos que levou a cabo POLO CORREO DO VENTO, e no que tamén nos fixeron pensar sobre o importante que é levarse ben e arranxar os problemas que xurdan falando. E por suposto, nos recordaron algúns episodios da biografía e Daría González. Entre canción, conto e debuxos o pasamos de maravilla!!

Onte festexamos o NOSO día

Imagen
Onte celebramos nas aulas de Infantil o Día internacional dos dereitos da Infancia  e a Adolescencia.                                                                        

Compartindo xogos nas tablets

Imagen
O xoves pasado, os compañeiros de Infantil compartiron sesión de tablets na última sesión da mañá. Os de 4 e 5 amosaron algúns das aplicacións didácticas e os distintos xogos: puzzles, xogos de facer parellas, enlazar números, discriminar, relacionar animais co seu habitat.....  

Visitamos a granxa Kiriko

Imagen
O martes tivemos a saída tan esperada á granxa Kiriko.  Todos tiñamos moitas ganas de ir e descubrir os animais que viven ali, acaricialos e velos de cerquiña. Tamén desfrutamos das actividades (fixemos galletas, comimos todos xuntos….).

Infantil 2- algunhas actividades do Samaín

Imagen
  Xa vos contamos algunhas actividades de Samaín nas que participamos.  Ademáis, na aula:  -Decoramos a nosa porta : fixemos unha choiva de ideas sobre como podiamos decorala e como foron moitas as ideas, decidimos plasmalas todas:bruxas, pantasmas, bocas terroríficas, esqueletos, calaveras, o monstruo de cores negro, arañas....  -Visitamos a zona das cabazas decoradas polo alumnado nas casas para miralas todas e tamén nos sacamos fotos coas nosas. -Xogamos a facer feitizos, sacando palabras e imaxes ao chou e rematándoos con frases rimadas que tiña preparadas Ánxela. Os pegamos todos ao lado da nosa pota coa receita da pócema que fixemos e sempre que nos apetece imos a este recanto a recitalas. Como teñen as imaxes é moi doado!  Días despois, engadinos a este recanto debuxos de Harry Potter, unha persoaxe sobre a que estamos empezando a investigar. -Deseñamos e decoramos cabazas para decorar o corredor    -Creamos monstros pintando manchas negras cos pinceis e a témpera.  -Decoramos b