Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024

O Entroido en Infantil

Imagen
  Nestas semanas de Entroido e nas previas, estivemos moi entretidos cun montón de actividades.  Por un lado viñeron as familias a confeccionar o disfraz con nós. Mirade qu e chulo quedou. Podedes ver as fotos  do proceso premendo na imaxe. Pintamos todos os transportes, estrada, nubes....que logo recortaríamos e pegaríamos o día do obradoiro do disfraz. Tamén decoramos unha bola de poliespan simulando a bola do mundo, pois a levaríamos nunha cinta na cabeza.  Falamos sobre a historia do loro Ravachol e fixemos algún traballiño. Tamén sobre o Entroido en distintos lugares de Galicia.  E participamos no desfile do venres 16. Percorremos a cidade infantil Príncipe Felie e tivemos algún que outro público que nos animaba.  Premendo na seguinte imaxe podes ver as fotos de cada un de nós individualmente.

Comezamos un conto que crearemos entre todo o alumnado do cole

Imagen
  Hoxe nos reunimos as dúas aulas de infantil para falar da seguinte "misión" que temos entre mans. Todo o alumnado da escola participaremos nunha actividade colaborativa que consiste en crear un conto, comezando por un aula e dándolle continuidade de grupo en grupo, así ata que os últimos escriban o final da historia.  Nós somos os encargados de comezalo, así que estivemos a dialogar e facer unha choiva de ideas sobre posibles persoaxes: cocodrilo, unicornio, cabalo, spiderman, araña, cebra,....froron algunhas das persoaxes que suxerimos. Tivemos que elixir unha e finalmente o que más foi elixido foi o UNICORNIO.  Cada quen debuxou o seu unicornio e cando os tivemos todos, decidimos cal deles sería o protagonista da nosa historia.  A elección estivo un pouco difícil porque empataron varios mais finalmente tivemos ao elixido.  O resto de unicornios tamén aparecerán na historia, claro que sí!  Aínda non vos podemos contar nada pero sí dicirvos que estivemos ...

Obradoiro de disfraces coas familias

Imagen
  Finalizando o mes de xaneiro, repartido en dúas mañás e unha tarde, levamos a cabo un obradoiro con todas aquelas familias e educadores do centro de día que puideron achegarse ao centro a confeccionar o disfraz co seu fillo. O disfraz co que participaremos no desfile do entroido, que por mor do tempo, está aplazado para o venres 16. Aqueles compañeiros e compañeiras que non puideron estar acompañados das familias ou educadores o elaboraron na clase con axuda das mestras. Aquí deixamos mostra da actividade, que valoramos moi positivamente.  Grazas por participar!!  Así de chulo quedou o disfraz dos transportes!

Obradoiro REVITALIZA

Imagen
  En xaneiro tamén participamos nun obradoiro sobre reciclaxe, que resultou do máis didáctico e divertido.