Comezamos un conto que crearemos entre todo o alumnado do cole

 Hoxe nos reunimos as dúas aulas de infantil para falar da seguinte "misión" que temos entre mans. Todo o alumnado da escola participaremos nunha actividade colaborativa que consiste en crear un conto, comezando por un aula e dándolle continuidade de grupo en grupo, así ata que os últimos escriban o final da historia. 

Nós somos os encargados de comezalo, así que estivemos a dialogar e facer unha choiva de ideas sobre posibles persoaxes: cocodrilo, unicornio, cabalo, spiderman, araña, cebra,....froron algunhas das persoaxes que suxerimos. Tivemos que elixir unha e finalmente o que más foi elixido foi o UNICORNIO.

 Cada quen debuxou o seu unicornio e cando os tivemos todos, decidimos cal deles sería o protagonista da nosa historia.





 A elección estivo un pouco difícil porque empataron varios mais finalmente tivemos ao elixido. 

O resto de unicornios tamén aparecerán na historia, claro que sí! 

Aínda non vos podemos contar nada pero sí dicirvos que estivemos debuxando moitas nubes e arcos da vella para ilustrar as primeiras páxinas. 

Que será o que lle sucede ao noso amigo o unicornio?? Bueno, en canto o teñamos rematado de todo, coas aportacións do resto de compañeiros, teredes noticias e poderedes lelo enteiriño.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Máis cousiñas do Samaín!

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín