Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2024

CASTAÑAS, RECUNCHOS E NADAL

Imagen
AGROMARON AS CASTAÑAS! Ao rematar o MAGOSTO, decidimos plantar as castañas que sobraron. Pintamos os envases de tetrabrick que gardamos na clase ( gústanos moito a reciclaxe) e probamos sorte esperando que agromara algunha. Mirade que marabilla... e seguimos á espera de que agromen as que faltan. OS NOSOS RECUNCHOS DE APRENDIZAXE O espazo da clase está distribuído por recunchos de traballo. Neles están organizados os materiais por áreas de aprendizaxe: lóxico-matemática, lectoescritura, arte, linguaxe simbólico, biblioteca e o máis importante, a asamblea, dende organizamos as sesións de cada día. Botádelle unha ollada! DECORAMOS A NOSA CLASE POLO NADAL! Mirade os nosos traballos co gallo da festa de Nadal! A nosa mascota: "Zapatitos", reciclada do Samaín, disfrazada de " Mamá Noel", e a nosa árbore de Nadal. As bolas de purpurina, os calcetíns, piñas e postais de nadal.  Os calcetíns, piñas e postais de Nadal

Nos divertimos e aprendemos nos distintos recantos da clase

Imagen
  Na clase temos diferentes recantos nos que a veces xogamos libremente e con quen queremos e noutras ocasións, participamos en diferentes actividades propostas pola profe e con compañeiros de equipo.  

Como nos gusta ir á biblioteca do cole!

Imagen
  Semanalmente acudimos á biblioteca do cole. Alí a profe conta un conto, a veces debuxamos e escribimos libremente sobre esa historia, e sempre adicamos un rato longo a ver libros cos compañeiros.  Algunhas veces tamén eliximos libros para levar a clase unha temporada.  Ademáis, os nenos de primaria nos explicaron como podemos utilizar os separadores de libros, que eles fixeron para a biblioteca e estamos empezando a utilizalos.