CASTAÑAS, RECUNCHOS E NADAL




AGROMARON AS CASTAÑAS!

Ao rematar o MAGOSTO, decidimos plantar as castañas que sobraron. Pintamos os envases de tetrabrick que gardamos na clase ( gústanos moito a reciclaxe) e probamos sorte esperando que agromara algunha. Mirade que marabilla... e seguimos á espera de que agromen as que faltan.







OS NOSOS RECUNCHOS DE APRENDIZAXE

O espazo da clase está distribuído por recunchos de traballo. Neles están organizados os materiais por áreas de aprendizaxe: lóxico-matemática, lectoescritura, arte, linguaxe simbólico, biblioteca e o máis importante, a asamblea, dende organizamos as sesións de cada día. Botádelle unha ollada!




DECORAMOS A NOSA CLASE POLO NADAL!

Mirade os nosos traballos co gallo da festa de Nadal! A nosa mascota: "Zapatitos", reciclada do Samaín, disfrazada de " Mamá Noel", e a nosa árbore de Nadal. As bolas de purpurina, os calcetíns, piñas e postais de nadal. 



Os calcetíns, piñas e postais de Nadal









Comentarios

Entradas populares de este blog

Participamos nunha instalación artística de transformación

A HORTA ESTÁ A MEDRAR

Coa primavera todo se enche de cor