Nestes meses de outono levamos a cabo moitas actividades que nos axudan a comprender o paso do tempo e das estacións do ano e a situarnos en cada unha delas en función das súas características, que nos proporcionan os nosos sentidos. Na milla diaria que polo momento estamos levando a cabo os venres, observamos todos os cambios que se van producindo dunha semana para otra e recollemos elementos naturais...sempre do chan..respetando a contorna. Con estes elementos manipulamos, contamos, seriamos, creamos, estampamos....e ata creamos bechos utilizando follas secas e castañas!! A veces nos chegan sorpresas como estas setas xigantes que a profe Bego trouxo á escola. Decoramos as aulas creando o recanto de outono e tamén os corredores. Incorporamos novo vocabulario, aprendemos rimas e poesías. Na aula de 5 anos cremos un libro de conxunto sobre as "Árbores da milla". Colaboramos na decoración da entrada á escola que o Equipo de Dinamización Lingüística propuxo, crear ...