Día da Discapacidade

 Todos os días traballamos na escola multitud de valores e contidos transversais fundamentais para o desenvolvemento integral. 

Se ademáis existe unha data para conmemoralo, por suposto nos unimos a ela aportando o noso granciño de area.

 Nesta ocasión, polo día da Discapacidade, nas aulas de Infantil as profes traballamos a partir dun conto ("Los amigos especiales", da colección NENÉ, NENA Y GUAU e tamén dunha curtametraxe ("Tamara") aspectos relacionados coa discapacidade, pero desde o enfoque dos nosos talentos: "coñéceme polas miñas habilidades e non pola miña discapacidade".  A partir destes recursos coñecimos algunhas discapacidades e reflexionamos sobre elas e xogamos a ser Tamara e a súa nai e Nené e os seus amigos.

Ademáis, plasmamos nun mural todos os nosos talentos.



Ademáis nesta semana na clase de psicomotricidade coñecimos e experimentamos o que supón levar a cabo algúns deportes desde o punto de vista dunha persoa con discapacidade: que non pode ver ou que non pode camiñar.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Participamos nunha instalación artística de transformación

A HORTA ESTÁ A MEDRAR

Coa primavera todo se enche de cor