Polo Nadal estivemos decorando a clase e o corredor para poñelo ben alegre e bonito! Despois dun diálogo conxunto para pensar cómo queríamos decoralo, e unha enorme lista de aportacións, nos puxemos mans á obra. Decoramos o noso calcetín e tamén cada un decorou o dun compañeiro da outra clase de Infantil, porque si Papá Noel pasa polo cole esta Nadal, ten que repartir para todos e todas. Tamén eliximos entre varias opcións de postal de Nadal coas que agasallar ás nosas familias e felicitarlles as festas. Decoramos o corredor, que as profes encheron de luces, e as nosas portadas dos traballos destes meses. E por suposto, cantamos e bailamos panxoliñas e ata fixemos un baile para o resto dos compañeiros na entrada do cole. Tamén participamos no festival do día 20, bailando unha canción en inglés, desfrutando dunha obra de teatro dos compañeiros do 3º ciclo e tomando os gusaniños coas doce badaladas. E para rematar, chocolate con rosca, bai...