Polo día da PAZ, nas aulas de Infantil, confeccionamos un mural feito coas nosas mans, despois de traballar en torno a un conto, "Mans" e unha canción "Las manos del mundo", de Andi y Lucas. Reflexionamos e dialogamos sobre todas as imaxes tanto do libro como do video da canción, dramatizamos coas nosas mans todas esas situacións e suxerimos e dimos ideas de como representar accións e palabras relacionadas coa paz. E con todo este traballo previo e todas as ideas confeccionamos o noso mural. Cada quen levou unha cinta na cabeza coa imaxe da palabra representada coas súas mans: BICAR, FALAR, RESPECTO, AGARIMAR, COIDAR, CORAZÓN, APERTAS, LIBRES. Tamén representamos outras colectivas para o mural como: amigos, colaborar ou flor. Estampamos as nosas mans na mesa redonda da biblioteca. A rematamos de decorar con pinceis e pegamos as palabras que elixíramos e a cubrimos con plástico para que non se borre nada. Agora é a nosa "mesa dos amigos", na que...