Entradas populares de este blog
Obradoiro de galletas cos compañeiros e compañeiras de 5 anos
Antes de marchar de vacacións, levamos a cabo un obradoiro de galletas. Tamén participaron con nós os compañeiros e compañeiras de 5 anos. Despois de ler a receita todos xuntos e ver se tiñamos todos os ingredientes Lavamos as mans e nos vestimos os gorros e delantais. E comezamos os pasos da elaboración. Ir botando os distintos ingredientes. Misturalos moi moi ben ata ter unha masa consistente. Individualmente cada quen amasou o seu pedazo de masa antes de estirala e comezar a facer as gallegas coas distintas formas. Ademáis de decoralas con pintiñas de chocolate e outros adornos. E por último, había que cociñalas no forno!!
Recollemos as cenorias e facemos un zume con elas
Hai meses prantamos leitugas, espinacas e cenorias. Foron crecendo e as espinacas e leitugas traspasáronse a outros maceteiros con máis espazo. As cenorias as recolectamos nós mesmos esta mañá. Algunhas eran ben grandiñas e outras máis pequeniñas. Despois de limpalas puidemos probalas e tamén fixemos, coa axuda dunha licuadora, uns ricos zumes de mazá e cenoria. A algúns nos gustou moito o zume, a outros menos....pero pasamos un momento agradable, divertido e moi didáctico.
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)

Comentarios
Publicar un comentario