Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2025

8M DÍA DA MULLER

Imagen
  8M. DÍA DA MULLER  O 8 de marzo celebramos un día moi importante para a nosa sociedade: O DÍA DA MULLER. No cole todas as nenas e nenos levamos a cabo unha serie de actividades  para  poñer en valor a igualdade entre homes e mulleres.  Quixemos aproveitar o tema do noso proxecto de centro: "O MAR" e invitamos a FINA, unha mariscadora xa xubilada, para que nos falase sobre a súa profesión.  Así soubemos da dureza deste traballo, das ferramentas que usan, da vestimenta, e da evolución  das condicións laborais  dende tempos pasados ata hoxe. Foi ben interesante a charla e aprendemos moito, moito. A partires de fotos que amosan diferentes momentos do traballo de mariscadora, nós na aula, fomos escribindo palabras relacionadas con esta actividade. Entre todas as nenas e nenos do cole, confeccionamos un mural que colocamos na entrada do Centro. Nel poden verse as actividades que se fixeron nos diferentes cursos.  Finalmente, as nenas e nenos da e...

Celebración do Entroido no cole

Imagen
  Como xa sabedes o proxecto de centro deste curso é o mar e neste Entroido todos os disfraces tiñan relación con este tema: piratas, mariños, peixes...e en Infantil...PINGÜÍNS.  Xa vos contamos noutra entrada que as familias e educadores colaboraron na súa confección e quedaron ben bonitos!  O día do Entroido,  desfilamos todos xuntos polos arredores e á volta degustamos ricos postres, bailamos e xogamos todos xuntos.  Ademáis, ó longo desa semana seguimos as consignas do Mandadiño,  fixemos caretas e máscaras, e moitas outras actividades de Entroido.

Saída ao Café Moderno

Imagen
  A semana pasada estivemos no Café Moderno de Pontevedra, nunha exposición sobre Castelao. Ademáis participamos nun obradoiro. Ó rematar desfrutamos do parque de Campolongo, no que tamén merendamos.