Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2025

A HORTA ESTÁ A MEDRAR

Imagen
A HORTA DO DARÍA  A nosa horta segue a medrar... Xa vos contamos con que ilusión comezamos a sementeira de todo tipo de hortalizas e verduras neste curso. O que non esperabamos é que en tan pouco tempo, todo o que prantamos medrara deste xeito. Chícharos, leitugas, repolos, allos, cebolas, tomates, patacas, cabazas, etc. están a encher a nosa horta de cor. Nós, quitamos as malas herbas, regamos, puxemos canas aos chícharos, ata prantamos amorodos silvestres que atopamos nas nosas andainas diarias...  Pero pagou a pena todo o esforzo, mirade que marabilla de horta ten o Daría!!!

PINGAS MÁXICAS

Imagen
  EXPERIMENTAMOS... Co gallo da chegada da primavera, levamos a cabo o primeiro dunha serie de experimentos baseados na cor. A este primeiro experimento titulámolo: "pingas máxicas".  Precisamos: aceite, leite, colorantes alimenticios, goteiros  e unha bandexa fonda. E sobre todas as cousas, moitas, moitas, ganas de aprender de xeito divertido. Nerea tamén se apuntou ao xogo! Botamos un bo chorro de aceite na bandexa e  por outra banda, mesturamos diferentes cores de colorante alimenticio con leite.  Mirade que choiva de cores!!!

Romería polas Letras Galegas

Imagen
  Este venres desfrutamos no cole dunha xornada de "romería" para celebrar o día das Letras Galegas. Merendamos todos xuntos na arboleda que hai na cidade infantil Príncipe Felipe.  Sustituímos os bocatas por empanada, tortilla e bica. Bailamos ó son da música galega e das cantareiras e participamos nun circuito de xogos moi divertido.

Museo e Teatro

Imagen
  Este martes visitamos o Museo de Pontevedra. Puidemos desfrutar da historia da "Bruxa Grandía", a partir da interacción con diversas obras do museo, que tiñan relación coa historia da bruxa das cores.  Con cada unha delas, a bruxa vivía unha emoción e descubría unha cor.  Observamos, atentos, as distintas obras, para entender a historia e rematamos nun obradoiro dándolle cor nós mesmos a este conto. Despois de merendar tranquilamente na Ferreiría, marchamos para A Fundación, onde vimos unha obriña de teatro chea de música.

Coa primavera todo se enche de cor

Imagen
  Dende que chegou a primavera, estivemos inmersos en multitude de actividades e propostas moi divertidas e didácticas: coñecimos os nomes de diferentes flores, aumentando o noso vocabulario (algunhas delas incluso as atopamos nas nosas andainas nos arredores do cole), coloreamos, pintamos, creamos cadros de flores con diferentes técnicas artísticas,  escribimos sobre as flores, aprendimos rimas e poesías desta estación...fixemos marcapáxinas con motivos florais, decoramos as xanelas con flores e bolboretas....incluso tivemos e temos algunhas destas flores e prantas na clase.