A HORTA ESTÁ A MEDRAR

A HORTA DO DARÍA 

A nosa horta segue a medrar... Xa vos contamos con que ilusión comezamos a sementeira de todo tipo de hortalizas e verduras neste curso. O que non esperabamos é que en tan pouco tempo, todo o que prantamos medrara deste xeito. Chícharos, leitugas, repolos, allos, cebolas, tomates, patacas, cabazas, etc. están a encher a nosa horta de cor.

Nós, quitamos as malas herbas, regamos, puxemos canas aos chícharos, ata prantamos amorodos silvestres que atopamos nas nosas andainas diarias...  Pero pagou a pena todo o esforzo, mirade que marabilla de horta ten o Daría!!!















Comentarios

Entradas populares de este blog

Participamos nunha instalación artística de transformación

Coa primavera todo se enche de cor