Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2025

Prantamos castañas

Imagen
  Esta semana a profe Bego trouxo algunhas castaña que xa xerminaron, para que cada un de nós prantara a súa nun brick de leite.

Día da Discapacidade

Imagen
  Todos os días traballamos na escola multitud de valores e contidos transversais fundamentais para o desenvolvemento integral.  Se ademáis existe unha data para conmemoralo, por suposto nos unimos a ela aportando o noso granciño de area.  Nesta ocasión, polo día da Discapacidade, nas aulas de Infantil as profes traballamos a partir dun conto ("Los amigos especiales", da colección NENÉ, NENA Y GUAU e tamén dunha curtametraxe ("Tamara") aspectos relacionados coa discapacidade, pero desde o enfoque dos nosos talentos: "coñéceme polas miñas habilidades e non pola miña discapacidade".  A partir destes recursos coñecimos algunhas discapacidades e reflexionamos sobre elas e xogamos a ser Tamara e a súa nai e Nené e os seus amigos. Ademáis, plasmamos nun mural todos os nosos talentos. Ademáis nesta semana na clase de psicomotricidade coñecimos e experimentamos o que supón levar a cabo algúns deportes desde o punto de vista dunha persoa con discapacidade: que non ...

Temos bichos pao na escola

Imagen
  Estamos entusiasmados cos bichos pao!  Desde principio de curso puidemos ver a súa evolución, o pequeniños que eran, que apenas os distinguías e o grandes que son agora, como comen, como mudan e cambian de cor e a veces podemos ver como van deixando partes do corpo nesta muda. As profes van buscar comida para eles, silvas é o que máis lles gusta. Tamén puidemos observar como son as súas cacas, que cada semana hai que limpar.  É super emocionante!!  A veces algúns non conseguen sobrevivir a esta muda e nos entristece un pouco.