Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2023

O Ravachol

Imagen
 A semana pasada, na xuntanza que facemos os mércores cos compañeiros de 5 anos, contamos o conto "Marisé e o loro Ravachol". Así coñecimos un pouco sobre a súa historia e participamos un chisco na confección dun mural do loro, no que lle pegamos as plumas de cores. Ademáis, levamos a cabo un xogo que nos preparou un grupo de persoas dunha asociación da localidade, no que nos escondían dous loros e tiñamos que atopalos polo patio do cole.  Nun principio nos explicaron en que consistiría a actividade. E logo, con moito entusiasmo puxémonos a buscar os loros.  Xián atopou o primeiro entre as leitugas.  E Noha o segulndo, nos columpios.  E de despedida deixáronnos uns agasallos que nos encantaron: plastilina e  lápices de cores!!

Día de Rosalía

Imagen
 A semana pasada celebramos no cole o día de Rosalía. Na clase  e tamén fóra na entrada vimos algún video sobre a escritora. Aproveitamos para facer unha foto no "photocall" do vestíbulo. Tamén decoramos unhas bolboretas nas que escribimos versos dun dos seus poemas. O venres 24, todos xuntos, pegamos as bolboretas formando a poesía ó completo.

Festa do Entroido

Imagen
Hoxe venres por fin foi a festa do Entroido! Estabamos todos guapísimos cos nosos traxes do peixe Arco da Vella. Despois de rematar o recreo xa tiñamos os nosos traxes listos na clase para vestilos. E xa fóra, listos para empezar a desfilar!!       E á volta do desfile, a comer bica, froita e a bailar!! Que ben o pasamos!!

Pintamos peixes con acuarelas

Imagen
 A semana pasada utilizamos as acuarelas para pintar diferentes peixes e crear uns cadros con eles.  Cada quen escolleu o peixe que máis lle gustaba e todos a pintar!   Cando secaron os pegamos nuns folios de cores nos que debuxamos as ondas do mar.  E os pegamos xunto co resto  de cadros no corredor.

Contamos o conto do Peixe Arco da Vella aos nenos do colexio

Imagen
 Unha vez que tivemos o noso disfraz preparado, adicamos ós días previos á festa do Entroido, para visitar as distintas aulas e contar o noso conto aos demáis compañeiros/as.  O luns estivemos na aula de 1º e 2º. O mércores, cando nos xuntamos cos compañeiros de 5 anos, tamén lles contamos o conto. Ese día tamén estivemos nas aulas de 5º e 6º de primaria. Aquí vedes aos de 5º atentísimos.  Seguro que lles gustou moito! E o xoves visitamos a aula de 3º de primaria e logo tamén nos visitaron os de 4º a nós na nosa clase. Eles tamén tiñan algo que ensinarnos. Puidemos ver nunha aplicación, moitos vagalumes como os do seu conto.

Cumpreanos de Leyre

Imagen
 Este xoves Leyre estivo de aniversario. Cumpriu 4 anos!! Trouxo un rico biscoito e despois de soprar a candea do 4 dimos todos boa conta del. Felicidades Leyre!!!!

Confeccionamos o noso disfraz para o Entroido

Imagen
 Esta semana pasada andivemos moi atarefados confeccionando o noso disfraz. Este ano no cole a temática é PERSOAXES DE CONTOS e como nesta semana andivemos a voltas co conto "O peixe Arco da Vella" e foi un conto que gustou moito a todos, quedou decidido que ese sería o noso disfraz. O primeiro que fixemos foi traballar no peixe que cada un levaría pegado no seu "traxe" (unha bolsa de plástico de cor azul, simulando o mar). PASO 1- RECORTAR (os de 4 anos) O PEIXE E PEGAR NEL AS ESCAMAS FEITAS CON PAPEIS DE CORES. ADEMÁIS, PINTALO.  PASO 2- COLOREAR OS DISTINTOS PEIXES, CARACOLAS, ESTRELAS, CABALIÑOS... (a profe axudou a recortalos). PASO 3- PEGALOS NA BOLSA DE PLÁSTICO. ENGADIR TAMÉN ALGAS FEITAS CON PAPEL ADHESIVO VERDE E BURBULLAS SIMULADAS CON GOMETS. PASO 4- COLOREAR O PEIXE QUE LEVARÍAMOS NA FRENTE, SUXEITO CUNHA CINTA. Mirade que xeitosos nos quedaron! Agora só nos falta desfilar con eles e pasalo moi moi ben!!!