A semana pasada, na xuntanza que facemos os mércores cos compañeiros de 5 anos, contamos o conto "Marisé e o loro Ravachol".
Así coñecimos un pouco sobre a súa historia e participamos un chisco na confección dun mural do loro, no que lle pegamos as plumas de cores.
Ademáis, levamos a cabo un xogo que nos preparou un grupo de persoas dunha asociación da localidade, no que nos escondían dous loros e tiñamos que atopalos polo patio do cole.

Nun principio nos explicaron en que consistiría a actividade. E logo, con moito entusiasmo puxémonos a buscar os loros.
Xián atopou o primeiro entre as leitugas.
E Noha o segulndo, nos columpios.
E de despedida deixáronnos uns agasallos que nos encantaron: plastilina e lápices de cores!!
Comentarios
Publicar un comentario