Confeccionamos o noso disfraz para o Entroido

 Esta semana pasada andivemos moi atarefados confeccionando o noso disfraz.
Este ano no cole a temática é PERSOAXES DE CONTOS e como nesta semana andivemos a voltas co conto "O peixe Arco da Vella" e foi un conto que gustou moito a todos, quedou decidido que ese sería o noso disfraz.


O primeiro que fixemos foi traballar no peixe que cada un levaría pegado no seu "traxe" (unha bolsa de plástico de cor azul, simulando o mar).


PASO 1- RECORTAR (os de 4 anos) O PEIXE E PEGAR NEL AS ESCAMAS FEITAS CON PAPEIS DE CORES. ADEMÁIS, PINTALO. 









PASO 2- COLOREAR OS DISTINTOS PEIXES, CARACOLAS, ESTRELAS, CABALIÑOS... (a profe axudou a recortalos).



PASO 3- PEGALOS NA BOLSA DE PLÁSTICO. ENGADIR TAMÉN ALGAS FEITAS CON PAPEL ADHESIVO VERDE E BURBULLAS SIMULADAS CON GOMETS.








PASO 4- COLOREAR O PEIXE QUE LEVARÍAMOS NA FRENTE, SUXEITO CUNHA CINTA.




Mirade que xeitosos nos quedaron!







Agora só nos falta desfilar con eles e pasalo moi moi ben!!!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Máis cousiñas do Samaín!

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín