Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

Aniversario de Noha

Imagen
  Neste mes estivo de aniversario Noha.  Cumpriu 4 anos!! Cada quen lle fixo un agasallo:unha aperta, unha palabra bonita, un bico, un choque de mans...  Moitas felicidades Noha!!! f

Acrósticos de Joao, Adrián, Xian e Charlotte

Imagen
Nos seguintes acrósticos poderedes ver as cousas que os compañeiros dixeron sobre  JOAO ADRIÁN XIAN CHARLOTTE

Inventamos e recreamos unha nova para a Semana da Prensa

Imagen
 Hai dúas semanas foi a semana da PRENSA.  Na clase recibimos unha carta da polbo Daría, na que nos pedía colaboración para crear unha noticia. Algo que nos gustaría que sucedese e aparecese no xornal. De entre as ideas que saíron, a que máis gustou foi a de Hugo:  "Construirán un xigantesco parque acuático en Monteporreiro". Pensamos e falamos sobre como nos gustaría que fose ese parque acuático: cantos tobogáns, piscinas, xogos, edificios.....e ademáis Ánxela propúxonos que creásemos un parque acuático, con distintos materiais que temos no recanto de refugallo e elementos naturais. Así nos quedaron: Unha vez rematados e fotografiados, tivemos que decidir cal nos gustaba máis para acompañar ao texto da nova do xornal.  Así que pedimos aos compañeiros de 5 anos e a algúns mestres e mestras que viñesen a  votar cal lles gustaba máis ou se lle parecía máis a un parque acuático. Cada votante tiña que colocar un pauciño ou depresor ó lado da creación que lle gustaba. O que máis v

Acrósticos de Leyre, Jannat, Hugo e Anahi.

Imagen
 Isto foi o que recollimos nos acrósticos sobre os nosos compañeiros Leyre, Jannat, Hugo e Anahi. Características e cualidades que os demais dixeron de eles. *gústanlle os cans e os gatos

Retratándonos!!

Imagen
 Estas semanas estivemos enredando sobre nós mesmos, o noso corpo, as nosas características... Cada día o encargado se debuxa e os demáis o axudamos a engadir aquelas cousas que olvidou; así nos imos fixando todos máis nas distintas partes do corpo e descubrindo novo vocabulario: cellas, pestanas, pupila... Algúns días falamos do compañeiro encargado, como é fisicamente, e cales son as súas características: que lle gusta facer, que se lle da ben, que nos gusta de el ou ela... O debuxamos e elaboramos un acróstico coas características que dixemos entre todos. Fixemos moitas actividades e xogos do corpo: a pita cega, "adiviña de quen son estes ollos", o xogo do espello no que os demáis repiten o que fai o compañeiro encargado,... tamén o día de  tablets  puidemos traballar cunha aplicación das partes do corpo. Outro día, xogamos a facer "caras divertidas", misturando os noso ollos, coa boca e a fronte ou pelo doutros compañeiros e fíxonos moita gracia o resultado. Tam

Descubrindo a Beatriz Sotelo

Imagen
 Estas semanas, con motivo do día da Muller, e de que no centro andamos a investigar sobre algunhas mulleres que desenvolveron e que desenvolven un papel importante na sociedade, na nosa aula coñecimos a unha muller que é cociñeira e mestra na escola de cociña da Coruña: BEATRIZ SOTELO. Coñecimos algúns datos interesantes da súa biografía e con esta información preparamos un mural expositivo para que tamén a puideran coñecer o resto de nenos e nenas do colexio.  Por parellas preparamos as distintas partes da súa biografía, ilustrándoas. O mércores, cando visitamos aos compañeiros de 5 anos, lles algunhas cousiñas de Beatriz Sotelo. E o noso mural o colocamos co resto de traballos sobre mulleres.

Día Internacional da Muller

Imagen
 Este mes marcamos no noso calendario dixital a a data do día da Muller  e cada día contamos canto faltaba para esa data. A profe Lu e os nenos e nenas de 5 anos prepararon un mural conmemorativo por este día e o resto de compañeiros do colexio fomos pegando flores nos cabelos da muller que aparece en él. Hoxe tamén falamos de mulleres especiais nas nosas vidas:  -Mi mamá. Me da abrazos y mimos. Y chocolate y chuches (Xian). -Mi tía Lu. Porque me deja tomar zumos, colacao y dormir en su casa (hugo). -Mamá. Me compra chuches y chocolatinas (Jannat). -Mi mamá. Me compra golosinas. Me da abrazos, besos y me lleva al parque (Leyre). -Mi tía Quin. Me da muchos besos y abrazos. Y albóndigas con arroz. Y salimos a pasear y también vamos al parque. Y la quiero mucho. Y cocina muy rico. (Maryam). -Mamá. Me compra chuches y chocolate. Me pinta el pelo (Anahi). -Mi mami. Es buena. Me compra caramelos y me lleva al parque. (Noha). -Mamá. Me compra chuches (Adrián). Decoramos unhas tarxetas para pe