Retratándonos!!

 Estas semanas estivemos enredando sobre nós mesmos, o noso corpo, as nosas características...


Cada día o encargado se debuxa e os demáis o axudamos a engadir aquelas cousas que olvidou; así nos imos fixando todos máis nas distintas partes do corpo e descubrindo novo vocabulario: cellas, pestanas, pupila...


Algúns días falamos do compañeiro encargado, como é fisicamente, e cales son as súas características: que lle gusta facer, que se lle da ben, que nos gusta de el ou ela... O debuxamos e elaboramos un acróstico coas características que dixemos entre todos.


Fixemos moitas actividades e xogos do corpo: a pita cega, "adiviña de quen son estes ollos", o xogo do espello no que os demáis repiten o que fai o compañeiro encargado,... tamén o día de tablets  puidemos traballar cunha aplicación das partes do corpo.


Outro día, xogamos a facer "caras divertidas", misturando os noso ollos, coa boca e a fronte ou pelo doutros compañeiros e fíxonos moita gracia o resultado.
Tamén nos engadimos pelo de cores cos rotuladores, cunha proposta de grafomotricidade.




Tamén nos retratamos.

Para expoñelos,  utilizamos uns fondos que elaboramos con témpera e pincel e tiñamos que prestar moita atención: na nosa cartolina tiñamos seis recadros con 6 números e cada número correspondía a unha cor e tiñamos que utilizar a témpera desa cor. 

Cada quen tiña os números colocados en diferente lugar ao compañeiro así que non valía fixarse en como o facían os demais.











Así de guapos nos debuxamos!






Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Máis cousiñas do Samaín!

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín