Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2024

Día da Infancia

Imagen
   O día da Infancia e os seus dereitos, levamos a cabo diversas actividades para conmemorar esta data, que se celebra o 20 de novembro. Falamos, cantamos e bailamos, e colaboramos os compañeiros das dúas aulas para crear un mural conxunto no que recordar os dereitos das nenas e os nenos.      Ademáis algúns compañeiros de sexto viñeron a falarnos dalgúns destes dereitos dos que todos os nenos e nenas do mundo debemos desfrutar.

MANDALA DE OUTONO

Imagen
 MANDALA DE OUTONO Mirade que mandala construímos con follas e diferentes froitos do outono! Que traballazoooo!!!!!

CESTIÑAS DO MAGOSTO

Imagen
  CESTIÑAS DO MAGOSTO No cole celebramos o Magosto así que decoramos as cestiñas onde metemos as castañas asadas. Quedaron ben xeitoxas!
Imagen
  ESTREAMOS CORTINAS! Pintamos follas de outono e con elas fixemos estas bonitas cortinas na entrada de infantil. Mirade que chulas quedaron!
Imagen
  PINTAMOS CON CHOCOLATE! Coa chegada do outono, estamos a aprender as cores, froitas e froitos secos propios desta estación. Así que decidimos pintar CASTAÑAS con CHOCOLATE!!! Hmmmm, que ricoooo!!!

Pintamos con cacao, pimentón, remolacha e cenoria.

Imagen
  Nestas semanas andivemos a experimentar e comprobar que podemos utilizar algúns alimentos para obter pintura e facer creacións artísticas.  Utilizamos CACAO, PIMENTÓN, CENORIA E REMOLACHA e foi moi divertido e nalgúns casos sorprendente ver como dalgúns destes alimentos podía saír pintura.  Xogamos a adiviñar de qué froita ou hortaliza se trataba e tamén probamos a cenoria e a remolacha cocidas. O pimentón cheiraba moi forte e co cacao por suposto entráronnos ganas de botar o pince á boca.  Pintamos castañas co caco e o pimentón e logo creamos libremente cadros con estes dous alimentos e coa remolacha e a cenoria creamos fondos nos que pegar despois a castaña cando secara.

O magosto!

Imagen
  O 11 de novembro participamos na festa do magosto. Antes de comer as ricas castañas asadas, participamos nuns xogos que a profe de Educación Física organizou. Ademáis, días antes andivemos a preparar as nosas cestas para as castañas, que fixemos con bricks de leite, que pedimos a casa nunha nota. Cada quen escribiu libremente a nota. Pintamos follas que logo estampamos nun papel co que decoraríamos as nosas cestas. Tamén pintamos e recortamos castañas. Na festa pasámolo xenial, xa que participamos nos distintos xogos organizados, comimos as castañas e bailamos e xogamos todos xuntos. Tamén aprendimos rimas, poesías e cancións sobre o magosto.  Ademáis nunha xornada tamén cocimos as castañas nas clases, engadíndolle esa pranta que tanto aroma lle da, os anises.  Logo cando enfriaron as comimos todos xuntos no patio do recreo e estaban riquísimas.

Os nosos monstros de Samaín

Imagen
  Outra das actividades que fixemos polo Samaín foi crear monstros usando os dados. E así cada quen debuxaba ó seu monstro según lle indicaran os dados a cantidade de ollos, brazos, pernas....que tipo de boca, como facer o corpo.  Así quedaron: