A HORTA DO DARÍA A nosa horta segue a medrar... Xa vos contamos con que ilusión comezamos a sementeira de todo tipo de hortalizas e verduras neste curso. O que non esperabamos é que en tan pouco tempo, todo o que prantamos medrara deste xeito. Chícharos, leitugas, repolos, allos, cebolas, tomates, patacas, cabazas, etc. están a encher a nosa horta de cor. Nós, quitamos as malas herbas, regamos, puxemos canas aos chícharos, ata prantamos amorodos silvestres que atopamos nas nosas andainas diarias... Pero pagou a pena todo o esforzo, mirade que marabilla de horta ten o Daría!!!
Nesta semana participamos nunha instalación artística moi relacionada co proxecto do mar. A mestra de prácticas, Nerea, a deseñou e preparou todos os elementos necesarios participar nela. Contou ademáis con traballos feitos polos propios nenos e nenas ó logo destes meses relacionados co proxecto do mar e ademáis tamén inclui recantos nos que eles puideran pintar e reflexar en papel algunhas das súas creacións orixinadas desta interacción. Foi unha experiencia increíble que non deixou a ninguén indiferente; cadaquen participou nun diálogo coa arte e a expresividade, unha linguaxe fundamental para o desenvolvemento integral.
Xa estamos todos e todas super adaptados á escola e en todo este tempo fixemos moitas cousas. O máis importante e prioritario, adaptarnos ás distintas rutinas e momentos da xornada. Así mesmo, entender que para convivir na clase todos xuntos precisamos dunhas "normas" que propicien o bo ambiente e a nosa autonomía. Na aula dramatizamos e fotografiamos esas normas para telas moi presentes e nunha zona visible. E preparamos unhas cámaras moi chulas nas que plasmamos cada unha delas. Tiñamos como misión, cando as levamos para casa, contar ás familias e educadores en que consistía cada unha delas. Aquí deixamos unhas fotos de moitos momentos da xornada na aula e fóra dela. "lobo feroz"
Comentarios
Publicar un comentario