Entradas

Mostrando entradas de enero, 2026

Con motivo do día da Paz coñecemos a Wangari Maathai

Imagen
  Hoxe celebramos na escola o día Escolar da non violencia e a Paz.  Nas aulas de Infantil investigamos en torno a unha muller moi especial, Wangari Maathai, que foi firme defensora das árbores e os bosques no seu país, Kenia.  Nas aulas, escoitamos un conto sobre a súa vida, vimos algunha información na pizarra dixital buscando en google e trasladamos a información máis destacada a un mural, que está exposto coas "Donas de sí" deste curso escolar.  Tamén plantamos sementes de flores que simbolizarán a partir de agora, na nosa "horta", valores de paz e solidariedade. Como a continua choiva non o permitiu, plantamos nunhas sementeiras para logo, máis adiante, cando broten e o tempo acompañe, trasladalas á nosa horta. Ademáis pintamos nunha camiseta branca o símbolo da paz, e hoxe a vestimos todos e todas e con elas postas bailamos unha danza que practicamos coa profe de música, Mabel.  Tamén lles contamos a todos as cousas que aprendemos sobre Wangari Maathai. ...

Algunhas propostas polo Nadal

Imagen
  Polo Nadal levamos a cabo moitas actividadess, sobre todo de decoración dos corredores, das portas das clases, e traballiños de aula con toques navideños.  Nunha das aulas decoramos a porta cunha árbore feitas con caixas de cartón e cada un de nós pintou unha das caixas. Logo decoramos o fondo con bolas de Nadal.  Tamén fixemos bolas de nadal máis grandes para o corredor.  Fixemos unhas guirnaldas moi chulas utilizando os goteiros, discos de algodón e témpera de cores, coas que decoramos a entrada ao vestíbulo de infantil.  Decoramos o recanto de elementos naturais con neve artificial.    Tamén fixemos neve artificial e foi moi moi divertido! Fixemos algunha manualidade navideña, coas que traballamos a psicomotricidade fina, así como as portadas dos traballos, que quedaron moi chulas, feitas con diferentes técnicas plásticas. Tamén ensaiamos coa profe de música unha panxoliña do Nadal para dramatizar no día do festival.  Estabamos todos e t...