Algunhas propostas polo Nadal

 Polo Nadal levamos a cabo moitas actividadess, sobre todo de decoración dos corredores, das portas das clases, e traballiños de aula con toques navideños. 

Nunha das aulas decoramos a porta cunha árbore feitas con caixas de cartón e cada un de nós pintou unha das caixas. Logo decoramos o fondo con bolas de Nadal. 




Tamén fixemos bolas de nadal máis grandes para o corredor. 






Fixemos unhas guirnaldas moi chulas utilizando os goteiros, discos de algodón e témpera de cores, coas que decoramos a entrada ao vestíbulo de infantil. 






Decoramos o recanto de elementos naturais con neve artificial.  



 Tamén fixemos neve artificial e foi moi moi divertido!





Fixemos algunha manualidade navideña, coas que traballamos a psicomotricidade fina, así como as portadas dos traballos, que quedaron moi chulas, feitas con diferentes técnicas plásticas.








Tamén ensaiamos coa profe de música unha panxoliña do Nadal para dramatizar no día do festival. 

Estabamos todos e todas de luxo co noso atuendo navideño!! 



Ahh!! tamén tivemos a visita de Papá Noel ás aulas e trouxo agasallos para todos e todas!!


















Comentarios

Entradas populares de este blog

Participamos nunha instalación artística de transformación

A HORTA ESTÁ A MEDRAR

Coa primavera todo se enche de cor