Entradas

Mostrando entradas de abril, 2025

A nosa horta

Imagen
 Neste curso comezamos a horta escolar. Poñela en marcha foi un proceso lento pois tivemos que conseguir as ferramentas, preparar a terra e mercar as sementes e prantiñas que iamos prantar. Sen presa pero sen pausa, aos poucos, fomos dando todos os pasos e por fin podemos amosarvos como nos vai quedando a nosa hortiña.   Estas son as nosas ferramentas e as primeiras prantiñas.      Despois de quitar as malas herbas, comezamos a sementeira.       E non nos esquecemos de regalo todo, todiño.   Prantamos tamén o castiñeiro que naceu dunha das castañas que             sementamos no outono. En semilleiras, dentro da clase, prantamos e logo pasamos á horta, sementes de cabaza que medraron ben axiña e tamén de chícharos. Tamen prantamos as primeiras sementes. Cebolas, allos porros, leitugas, remolacha, cenorias, etc. prantamos de todo.                       ...

Visita ao museo Massó en Bueu

Imagen
  A visita ao museo de Massó foi unha acitividade máis das que estamos a facer ao longo do curso, relacionada co proxecto do Mar.  Esta visita, permitiunos ver obxectos e fotografías de cando a fábrica conserveira  estaba en activo.  Xa tiñamos aprendido moitas cousas na clase sobre a importancia da fábrica, as súas traballadoras e traballadores, a súa produción, as instalacións e a historia da fábrica.   No museo falaronnos  asemade,sobre a importancia do coidado da contorna en xeral e o mariño en particular.  Tivemos ocasión de coñecer á praia de Bueu que está a carón do museo e alí recollemos unha morea de lixo tirado na praia  e levámolo en bolsas para reciclar.   Tamén recollemos mostras de area para participar no PROXECTO IBERARENUM organizado pola universidade de Vigo.  Foi unha saída moi, moi interesante.

Chegou a primavera.

Imagen
Por fin chegou a primavera! A clase encheouse de cor coa chegada da primavera. A nosa mascota, "Zapatitos", os cristais e as corcheiras están cheas de flores feitas con distintos materiais e técnicas artísticas: témpera líquida, acuarela, acrílico, etc. Técnica de estampado de follas naturais, elaboración de plantillas, utilización de troqueladora, etc. 

Os pingüíns

Imagen
 Nas aulas de infantil estivemos a investigar un pouquiño en torno aos pingüíns.  A partir dunha adiviña nunha das aulas e dun puzzle na outra, comezou o noso "pequeno proxecto". Xa sabedes que ese foi o noso disfraz deste curso, pero xa previamente averiguamos moitas cousas sobre eles e levamos a cabo moitas propostas en torno a este centro de interese. Poesía, bailes, cancions, videos documentais, libros....todos estes recursos nos valeron para manter a motivación e aprender cousas do máis interesantes. Fixemos un libriño co máis destacable, para logo contar nas casas todo o aprendido, xunto coa poesía. Debuxamos e escribimos en torno a esta temática.  Tamén fomos ás aulas de primaria a expoñer e contar todo isto. E ata falamos pola radio contando cada quen unha cousiña sobre os pingüíns. As nenas e nenos de 4º e 5º de educación infantil tamén aprendemos moitas cousas dos pingüíns:  Poesías, cancións, dramatizacións e vídeos.  Asemade, fixemos, con témpera líq...