A nosa horta

 Neste curso comezamos a horta escolar. Poñela en marcha foi un proceso lento pois tivemos que conseguir as ferramentas, preparar a terra e mercar as sementes e prantiñas que iamos prantar. Sen presa pero sen pausa, aos poucos, fomos dando todos os pasos e por fin podemos amosarvos como nos vai quedando a nosa hortiña.


  Estas son as nosas ferramentas e as primeiras prantiñas.


     Despois de quitar as malas herbas, comezamos a sementeira.

      E non nos esquecemos de regalo todo, todiño.









  Prantamos tamén o castiñeiro que naceu dunha das castañas que             sementamos no outono.









En semilleiras, dentro da clase, prantamos e logo pasamos á horta, sementes de cabaza que medraron ben axiña e tamén de chícharos.




Tamen prantamos as primeiras sementes.





Cebolas, allos porros, leitugas, remolacha, cenorias, etc. prantamos de todo.












                                       

                                               

                                         


Comentarios

Entradas populares de este blog

Facemos zume de laranxa

Recollemos as cenorias e facemos un zume con elas