Os pingüíns

 Nas aulas de infantil estivemos a investigar un pouquiño en torno aos pingüíns. 

A partir dunha adiviña nunha das aulas e dun puzzle na outra, comezou o noso "pequeno proxecto".




Xa sabedes que ese foi o noso disfraz deste curso, pero xa previamente averiguamos moitas cousas sobre eles e levamos a cabo moitas propostas en torno a este centro de interese.
Poesía, bailes, cancions, videos documentais, libros....todos estes recursos nos valeron para manter a motivación e aprender cousas do máis interesantes.


Fixemos un libriño co máis destacable, para logo contar nas casas todo o aprendido, xunto coa poesía.





Debuxamos e escribimos en torno a esta temática. 
Tamén fomos ás aulas de primaria a expoñer e contar todo isto. E ata falamos pola radio contando cada quen unha cousiña sobre os pingüíns.





As nenas e nenos de 4º e 5º de educación infantil tamén aprendemos moitas cousas dos pingüíns: Poesías, cancións, dramatizacións e vídeos.  Asemade, fixemos, con témpera líquida e os nosos dediños, uns pinguíns moi divertidos acompañados  de bonecos de neve. 






Pero a actividade que máis nos gustou foi a receita de pingüíns con aceitunas negras, cenoria e queixo. 










Co que nos sobrou despois de facer todos os pingüíns, puxémonos as botas! 





Por último, fixemos un libro coa recopilación de todo o que aprendemos sobre estes marabillosos animais.







Comentarios

Entradas populares de este blog

Participamos nunha instalación artística de transformación

A HORTA ESTÁ A MEDRAR

Coa primavera todo se enche de cor