Visita ao museo Massó en Bueu
A visita ao museo de Massó foi unha acitividade máis das que estamos a facer ao longo do curso, relacionada co proxecto do Mar. Esta visita, permitiunos ver obxectos e fotografías de cando a fábrica conserveira estaba en activo. Xa tiñamos aprendido moitas cousas na clase sobre a importancia da fábrica, as súas traballadoras e traballadores, a súa produción, as instalacións e a historia da fábrica.
No museo falaronnos asemade,sobre a importancia do coidado da contorna en xeral e o mariño en particular. Tivemos ocasión de coñecer á praia de Bueu que está a carón do museo e alí recollemos unha morea de lixo tirado na praia e levámolo en bolsas para reciclar. Tamén recollemos mostras de area para participar no PROXECTO IBERARENUM organizado pola universidade de Vigo.
Foi unha saída moi, moi interesante.










Comentarios
Publicar un comentario