Algúns rexistros de aula

 No primeiro mes de clases, levamos a cabo algúns rexistros que quedaron reflexados de diferentes xeitos.


-REXISTRO DO NOS PESO- Nos pesamos e descubrimos quen pesaba máis quilos e quen menos.






-REXISTRAMOS A NOSA ALTURA- descubrimos a nosa altura, quen era máis baixo, máis alto, cantos medíamos o mesmo....e quedou reflexado nunhas cintas métricas de papel individuais.




-REXISTRAMOS O NOSO NÚMERO DE PÉ. 






Dentro duns meses, antes de que remate o curso, volveremos a repetir estas medicións para comprobar cánto crecemos, como aumentou o noso peso e a nosa altura.

Na zona das rutinas diarias, temos tamén un recanto para o encargado, no que se debuxa, compón o seu nome con letras móbiles e ata elixe unha profesión para vestirse co seu traxe correspondente.
Aquí Anahí elixiu ser cociñeira.




Tamén temos o noso horario xigante, no que cada día observamos o que faremos ó longo da xornada.



Noutra zona da aula temos rexistrados os nosos cumpreanos, por meses, e nel pegamos tamén as fotos dos nenos que xa cumpriron anos.


En setembro, nada máis comezar o curso tivemos tres aniversarios!

CHARLOTTE, que cumpriu 3 anos





NICOLÁS, que cumpriu 4 anos




 E XIÁN, que cumpriu 4 anos.







Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín

Máis cousiñas do Samaín!