As nosas creacións

 


Esta semana descubrimos a un artista que recreaba nos seus cadros de retratos, alimentos como verduras e froitos de cada estación do ano, ARCHIMBOLDO.




Así que nos puxemos mans á obra, primeiro pintamos diferentes froitos de outono, e con eles,  fixemos a nosa creación pegándoos nun retrato noso.







Rematamos o cadro dándolle un pouco de máis color coas acuarelas e así quedaron todos. 


Se pinchades na foto poderedes velos individualmente.




Tamén podedes ver individualmente os cadros de outono que fixemos hai varias semanas. 
O fondo o creamos estampando con papel burbulla e témpera, coas cores que previamente decidimos que eran "as cores do outono".


Pinchade na seguinte foto para poder velos.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Facemos zume de laranxa

Recollemos as cenorias e facemos un zume con elas