Algunhas actividades para recibir o Nadal

Estas semanas andivemos a argallar e traballar nalgunhas propostas pre-navideñas.


Decoramos a porta da nosa aula pintando un mural cunha cheminea.





Pintamos uns calcetíns para os agasallos e seguimos traballando na súa decoración.

Todavía nos faltan  os copos de neve e os agasallos.




Tamén pintamos, picamos e recortamos adornos para a nosa árbore de outono, que decidimos que debía permanecer na aula e podíamos decorala con motivos navideños.








Ademáis empezamos a preparar as nosas portadas para os traballos deste trimestre e faremos unha creación cunha árbore de Nadal. Nós pintamos follas de árbores con témpera verde, e a ver que cadros mais chulos nos saen a partir de ahí!!




Ademáis estamos preparando unha postal de Nadal para levar para casa e colgar na nosa árbore ou onde nos apeteza.


A fixemos estampando a pegada da nosa man e transformamos cada dedo nun bonequiño de neve e logo a decoramos con máis neve e con estrelas douradas e prateadas.






E aínda nos queda moito por facer! Vos iremos contando!!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Máis cousiñas do Samaín!

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín