Festexamos o Samaín por todo o alto
As dúas aulas de Infantil participamos xunto con todo o cole na festa de Samaín.
O luns vimos unha peli, "Hotel Transilvania", e comimos gusaniños.
O martes, disfrazámonos e desfrutamos de todos os talleres e tivemos a sorte de gañar o concurso das cabazas.
Un dos tres premios foi para a cabaza de Jimena.
Metimos as mans nunhas caixas misteriosas nas que había ollos de bruxa, mocos de trol, dentes de esqueleto, cerebro de zombi.....
Desfrutamos dunhas estupendas merendas terroríficas elaboradas por todo o alumnado.
Participamos nunha actividade de robótica, na que beebot se atopaba con moitos amigos do Samaín.
Decoramos máscaras terroríficas.
ç
Comentarios
Publicar un comentario